Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 209
Clasificación Genérica Instrumentos de música cerimonial e ritual comúns; Cordófonos
Objeto/Documento Fídula
Nombre Específico Fídula en oito
Autor/a Luengo Fernández, Francisco
Fernández, Miguel Ángel
Conjunto Instrumentos do Pórtico da Gloria. 7 reproducións
Materia/Soporte Madeira de nogueira
Madeira de abeto
Madeira de buxo
Técnica Talla
Dimensiones Longo = 5 cm; Altura = 56 cm; Anchura = 18,50 cm
Descripción Fídula en oito, reprodución dun dos instrumentos musicais que tocan os anciáns da Apocalipse do Pórtico de la Gloria. Este exemplar correspóndese concretamente co que porta o ancián número 15 do pórtico compostelán. Esta peza foi realizada mediante a unión de partes separadas: fondo, tapa, aros e mastro. Na tapa superior practícanse dúas perforacións harmónicas en forma de B no círculo que se une ao mastro e catro pequenas dispostas en rombo no círculo oposto. O mastro ostenta o diapasón que se prolonga na caixa harmónica e remata nun caravilleiro con tres caravillas para outras tantas cordas. Na parte oposta sitúase o cordal de configuración trapezoidal que se decora con motivos en aspa. Na parte central da tapa apoia a ponte que vai solta.
Iconografia Instrumento de música medieval
Datación 1983
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Instrumento musical.
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: - Exposición Vlll centenario do Pórtico de la Gloria, inaugurada en Santiago o 16 de setembro de 1988 na Catedral compostelana. Simposio Instrumentos medievales organizado pola Universidad Itinerante no Museo das Peregrinaciones, 1989. -España medieval y el legado de Occidente. Museo Nacional de Antropología y Museo Nacional de Historia. Castillo de Chapultepec, México D.F., del 27 de octubre de 2005 al 16 de febrero de 2006.
Clasificación Razonada A fídula (denominada tamén de forma xenérica viola) pertence á familia dos cordófonos de corda fretada e arco. Ofrece distintas variantes segundo a configuración e o tamaño da caixa e das demais partes, así como o número de cordas (polo xeral tres ou cinco). Pola forma clasifícase en oval, rectangular, amendoada, en oito, con escotaduras...). Se ben a fídula e de por si o instrumento máis coñecido do románico e as que ofrecen unha configuración oval supón a variante máis popular e difundida, as fídulas en oito son certamente frecuentes. A forma que ofrecen, coa parte central estrangulada, supón unha evolución formal e un refinamento ao permitir un mellor manexo do arco e, en consecuencia, unha maior facilidade para sacar matices sonoros. Moitos críticos supoñen que esta forma está anunciando un paso evolutivo cara ao organistrum.
Este instrumento, xunto con outros que forman parte da colección do MDPS, e produto dun proxecto pioneiro desenvolvido neste museo en colaboración con Luttiers de Compostela (Miguel Ángel Fernández e Francisco Luengo) que contemplaba a reprodución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Así, daríase forma ás primeiras reproducións en madeira dos referidos instrumentos que servirían de fundamento teórico-práctico para os posteriores proxectos iniciados a raíz da celebración do oitavo centenario do Pórtico e que contarían co patrocinio axeitado e acadarían unha gran repercusión.
Forma de Ingreso Asignación por doazón
Fecha de Ingreso 30/12/1983
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6